A regulación legal das cooperativas é unha competencia delegada ás autonomías. Por iso, as cooperativas de vivendas regúlanse principalmente pola lei autonómica do territorio onde desenvolven a súa actividade.


Ademáis existe unha lei estatal: a Lei 27/1999, do 16 de xullo, de Cooperativas, que se aplica en aquelas Comunidades Autónomas que non dispoñan de lei autonómica e tamén, de xeito supletorio, sobre aqueles aspectos non regulados polas distintas leis autonómicas. Para completar o conxunto de normas que van a regular o funcionamento de cada Cooperativa, cada unha delas rexirase polo establecido nos seus Estatutos Sociais, debidamente inscritos no rexistro público correspondente (Rexistro de Cooperativas). Os socios teñen dereito a esixir que se lles entregue unha copia dos Estatutos ó acceder a unha cooperativa.


Os socios das cooperativas poderán, á súa vez, establecer democráticamente as regras de funcionamento a través dos seus órganos e sempre suxetos ós Estatutos e á Lei de Cooperativas.

® 2024 Construccións Otero Pombo S.A. Todos os dereitos reservados. | Tel: +34 981 59 77 42